Panamá
SUPERVISIÓN CONSTRUCIÓN DA REDE DE DISTRIBUCIÓN DA MITRA, DISTRITO DE CHORRERA (PANAMÁ). 7,3 KM DE REDE ǀ INVESTIMENTO: 3.200.000 USD – 2015.
Durante a execución das obras tamén é clave o soporte da enxeñería, tanto para realizar unha supervisión que verifique o cumprimento das prescricións establecidas na fase de deseño, como para realizar traballos de oficina e soporte técnico ás construtoras. O equipo de profesionais de Antea Group España & Latinoamérica achega a súa experiencia e coñecemento ao servizo dos seus Clientes na procura de solucións técnicas e de organización tendentes a maximizar a xeración de valor engadido.