![Servizos na fase de construción](https://cdnpreprodanteagroup.blob.core.windows.net/prod/media/resized/11/225c9040-2346-4e86-a2a7-8b6ebe49164c/autox580_1593-002.jpg)
Servizos na fase de construción
- Spain & Latin America
- Servicios
- Servizos na fase de construción
Servizos na fase de construción
Durante a fase de execución das obras é clave o soporte da enxeñería, tanto para realizar unha supervisión que verifique o cumprimento das prescricións establecidas na fase de deseño como para realizar traballos de oficina e soporte técnico ás construtoras.
A experiencia acumulada na planificación e xestión de edificacións, e na elaboración de deseños a nivel de enxeñería de detalle, permiten aos equipos de Antea Group España & Latinoamérica ter unha visión global que pon ao servizo dos seus Clientes na procura de solucións técnicas e de organización tendentes a maximizar a xeración de valor engadido.
E, no caso da prestación de servizos aos promotores ou aos investidores financeiros, garantir a máxima rendibilidade do diñeiro investido a través de servizos de enxeñeiro independente, revisor técnico ou project monitoring.