ITS Galicia 2021 celebrarase na Coruña o 25 de Novembro.
ITS Galicia pretende converterse no foro galego do sector dos Sistemas Intelixentes de Transporte, erixíndose desta maneira no punto de encontro idóneo para o intercambio de información e experiencias así como para a promoción e difusión dos intereses das novas tecnoloxías aplicadas ao transporte no noso país.
ITS Galicia, presidido por Ramiro Martinez (director do Centro de xestión de Tráfico do Noroeste) e organizado por ITS España, identifícase como o punto de encontro máis relevante e importante do sector, concentrando nun único lugar a administracións, organismos públicos e privados, empresas concesionarias, integradoras, fabricantes de sistemas e equipos e enxeñerías especializadas, así como ás diferentes asociacións do sector.
En ICEACSA Grupo estamos comprometidos coa mobilidade segura e sostible e é por iso polo que participaremos de maneira activa neste evento.