Energy Days 2026 celebrarase en Santiago de Compostela do 30 de setembro ao 2 de Outubro.

 

Santiago de Compostela, A Coruña (España).

Antea Group España patrocina e participa como relator no foro Energy Days 2026, organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal), que se celebrará na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela do 30 de setembro ao 2 de outubro de 2026.

As xornadas abordarán temáticas relevantes sobre enerxía, industria, cidades, sustentabilidade, mobilidade e dixitalización, campos que se atopan nun estado de innovación permanente e que requiren un punto de encontro para a interacción entre os diversos actores.

Este evento consolidouse como unha referencia sectorial e durante tres días, o foro converterase nun espazo de intercambio de coñecementos e experiencias sobre enerxía, industria, cidades, sustentabilidade, mobilidade e dixitalización, cun enfoque particular na súa aplicación no sector industrial galego.

Energy Days 2026 inclúe un completo programa de relatorios e zona de exposicións para mostrar as mellores solucións, permitindo a profesionais, empresas, administracións e público en xeral coñecelas de primeira man.

Antea Group España participará o xoves 1 de Outubro cunha conferencia sobre “Mobilidade sostible en cidades e empresas” que impartirá a enxeñeira de camiños canles e portos especialista en mobilidade Laura Rey Ramos. Nela expoñerase a ampla experiencia de Antea Group como enxeñería e consultoría no campo da mobilidade sostible das cidades e empresas, baseada en desenvolvemento de importantes proxectos tanto para clientes públicos como privados en todos os ámbitos relacionados coa xestión da mobilidade.

Energy Days 2026 celebrarase edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, unha localización idónea para reunir a profesionais, empresas, administracións e público en xeral para a adquisición de novos coñecementos.

Esperamos poder contar coa súa participación!