En el año de su 40º aniversario, Antea Group España y Latinoamérica está orgullosa de participar en este Equipo y poder contribuir al desarrollo de su ciudad aportando su Know-How.

A Coruña (España).

Antea Group España e Latinoamérica fundada na Coruña en 1985 baixo o nome de Iceacsa, no ano do seu 40º aniversario, está orgullosa de participar neste Equipo e poder contribuír ao desenvolvemento da súa cidade achegando a súa Know-How en enxeñería, mobilidade, urbanismo e edificación para o deseño dun mundo sostible para as persoas.

Antea Group España e Latinoamérica foi responsable de proxectos de integración de zonas portuarias na cidade tanto a nivel nacional (Plan Especial de Usos do Porto de Vigo) como a nivel internacional (Plan de Accesos e Loxística do Porto de Montevideo) ou a Dirección Facultativa do soterramento do tráfico e a peonalización da Mariña-Parrote na Coruña.

Os seus equipos participaron tamén en importantes desenvolvementos urbanísticos acumulando máis de 40.000 hectáreas planificadas, destacando por exemplo a Dirección Facultativa do Barrio de Fontiñas en Santiago de Compostela que recibiu o Premio Philippe Rhothier de Bruxelas; foron o Equipo de Project Management para o proxecto e construción do edificio da Fundación de Abanca que recibiu o Premio European Awards do Royal Institute British Architects no que tamén participou Ove Arup como enxeñería do Equipo de Nicholas Grimshaw entre outras referencias nacionais e internacionais.

Antea Group España e Latinoamérica dispón dun equipo multidisciplinar con ampla experiencia nas diferentes disciplinas que abarca o Máster Plan Coruña Marítima (enxeñería viaria, enxeñería Ferroviaria, Edificación, Urbanismo, Movilidad Sostible, Eficiencia Enerxética, Instalacións, Auga e Medio, etc, …).

Unha carteira de máis de 3.000 contratos ao longo dos seus 40 anos de vida e o coñecemento da cidade avalan a súa candidatura.