Deseño
- Spain & Latin America
- Servicios
- Deseño
Deseño
A definición das obras a nivel de enxeñería de detalle ou proxecto construtivo require do deseño e cálculo de todos e cada un dos elementos que configuran a infraestrutura física: terracería, pavimentos, hidráulica e drenaxes, estruturas, viadutos, túneles, elementos de seguridade, sinalización..., nos que os equipos de Antea Group España & Latinoamérica acumulan importantes referencias internacionais. A multidisciplinariedade dos seus profesionais permite ofrecer ao Cliente un produto final integral deseñando tamén aqueloutros elementos que poderían considerarse singulares: equipamentos ITS, peaxe ou instalacións de túneles, ...
Os deseños realizados teñen en conta o ciclo completo de vida da infraestrutura, non soamente os propios da fase construtiva senón tamén as estratexias de operación e mantemento. A metodoloxía BIM é unha ferramenta que, desde a etapa de deseño, e actualizada durante a construción, permite a xestión do activo durante a súa vida útil.