Skip to main content
Xestión da mobilidade

Xestión da mobilidade

Desenvolvendo territorios para as persoas

As crecentes necesidades de mobilidade fan que aumente a demanda de métodos máis especializados de xestión do tráfico. Para garantir a sustentabilidade das infraestruturas será esencial racionalizar a xestión do transporte urbano e interurbano mediante o desenvolvemento de sistemas innovadores destinados a mellorar a mobilidade dunha maneira máis intelixente.

Con máis de 35 anos de experiencia no sector,  Antea  Group España & Latinoamérica ofrece servizos de consultoría altamente especializados para orientar aos nosos Clientes no ámbito da infraestrutura viaria urbana e interurbana e a xestión operativa, converténdoa nun socio de referencia na xestión de infraestruturas, achegando solucións tecnolóxicas, mellorando a mobilidade e facendo unha xestión e análise óptima dos parámetros do tráfico.