Deseño
- Spain & Latin America
- Servicios
- Deseño
Deseño
A definición das obras a nivel de detalle ou proxecto construtivo require do deseño e cálculo de todos e cada un dos elementos que configuran a infraestrutura física: terracería, pavimentos, infraestruturas enerxéticas e de telecomunicacións, hidráulica e drenaxes, estruturas, elementos de seguridade, mobiliario, sinalización,... ,nos que os equipos de Antea Group España & Latinoamérica acumulan importantes referencias internacionais. A multidisciplinariedade dos seus profesionais permite ofrecer ao Cliente un produto final integral.
Os deseños realizados teñen en conta o ciclo completo de vida da infraestrutura, non soamente os propios da fase construtiva senón tamén as estratexias de operación e mantemento. A metodoloxía BIM é unha ferramenta que, desde a etapa de deseño, e actualizada durante a construción, permite a xestión do activo durante a súa vida útil.