Skip to main content
Deseño

Deseño

Deseño

A definición das obras a nivel de enxeñería de detalle ou proxecto construtivo require do deseño e cálculo de todos e cada un dos elementos que configuran a infraestrutura física: terracería, pavimentos, infraestruturas enerxéticas e de telecomunicacións, hidráulica e drenaxes, estruturas, elementos de seguridade, mobiliario, sinalización, … ,nos que os equipos de  Antea  Group España & Latinoamérica acumulan importantes referencias internacionais. A multidisciplinariedade dos seus profesionais permite ofrecer ao Cliente un produto final integral.

Os deseños levados a cabo por  Antea  Group España & Latinoamérica teñen en conta o ciclo completo de vida da infraestrutura, non soamente os propios da fase construtiva senón tamén as estratexias de operación e mantemento. A metodoloxía BIM é unha ferramenta que, desde a etapa de deseño, e actualizada durante a construción, permite a xestión do activo durante a súa vida útil.

Proxectos destacados

alt-text

España

CONSULTORÍA E ASISTENCIA Á DIRECCIÓN XERAL DE TRANSPORTES PARA A REDACCIÓN DOS PROXECTOS SECTORIAL E DE URBANIZACIÓN DA ÁREA LOXÍSTICA E INTERMODAL DO PORTO SECO DE MONFORTE (ESPAÑA). 30 HA │INVESTIMENTO: 8 MM € - 8,5 MM USD – 2007.
alt-text

España

REDACCIÓN PROXECTO, DIRECCIÓN DE OBRA, COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE E XESTIÓN DA CONTRATACIÓN DE 7 NAVES INDUSTRIAIS NO POLÍGONO DO TAMBRE, SANTIAGO DE COMPOSTELA (ESPAÑA).
alt-text

España

PROXECTO TÉCNICO REMODELACIÓN E DIRECCIÓN DE OBRA DE VARIAS SUPERFICIES COMERCIAIS EN GALICIA (ESPAÑA).
alt-text

España

PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO SUNP-37 TERCEIRO SECTOR E SUNP-38 EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, A CORUÑA (ESPAÑA). 446.700 M2 │INVESTIMENTO: 15 MM € - 20 MM USD – 2010.
alt-text

España

PROXECTO DE EXECUCIÓN E DIRECCIÓN DE OBRA COMPARTIDA 40 NAVES INDUSTRIAIS BIOCLIMÁTICAS BREEAM, NO PARQUE EMPRESARIAL DE PORTO DO MOLLE EN NIGRÁN, PONTEVEDRA (ESPAÑA). 57.726 M2 CONSTRUÍDOS ǀ INVESTIMENTO: 33,9 MM € - 43,9 MM USD – 2011.
alt-text

España

PROXECTO CONSTRUTIVO DE OBRA CIVIL E INSTALACIÓNS DA TERMINAL DE CONTEDORES DA COMPAÑÍA FERROL CONTAINER TERMINAL (FCT) NO PORTO EXTERIOR DE FERROL (ESPAÑA). 5 GUINDASTRES DE PEIRAO ǀ 1.000.000 TEUS.
alt-text

España

PROXECTO SECTORIAL, PROXECTO DE URBANIZACIÓN, PROXECTO DE REPARCELAMENTO E DIRECCIÓN DE OBRA DO PARQUE EMPRESARIAL DE MUROS, A CORUÑA (ESPAÑA). 180.000 M2 ǀ 92.124 M2 PARCELAS ǀ 4.330 M2 EQUIPAMENTOS PÚBLICOS ǀ 30.013 M2 REDE VIARIA -APARCAMENTOS ǀ INVESTIMENTO: 5.336.000 € - 7.000.000 USD – 2006.
alt-text

España

XESTIÓN INTEGRAL DA REDACCIÓN DO PROXECTO E EXECUCIÓN DAS OBRAS DA CONCESIÓN ADMINISTRATIVA DO CENTRO LOXÍSTICO DE TRANSPORTES DE CULLEREDO, A CORUÑA (ESPAÑA). 602.476 M2 ǀ INVESTIMENTO: 11 MM € - 15 MM USD – 2004.