Servizos na fase de construción
- Spain & Latin America
- Servicios
- Servizos na fase de construción
Servizos na fase de construción
Durante a fase de execución das obras é clave o soporte da enxeñería, tanto para realizar unha supervisión que verifique o cumprimento das prescricións establecidas na fase de deseño como para realizar traballos de oficina e soporte técnico ás construtoras.
A experiencia acumulada na planificación e na xestión de desenvolvementos urbanísticos e na execución de deseños a nivel de enxeñería de detalle, permiten aos equipos de Antea Group España & Latinoamérica ter unha visión global que pon ao servizo dos seus Clientes na procura de solucións técnicas e de organización tendentes a maximizar a xeración de valor engadido. E, no caso da prestación de servizos aos titulares das concesións ou aos investidores financeiros, garantir a máxima rendibilidade do diñeiro investido a través de servizos de enxeñeiro independente, revisor técnico ou project monitoring.