Skip to main content
Quen somos?

Quen somos?

Máis de 35 anos desenvolvendo territorios para as persoas

A presenza do Grupo en España & Latinoamérica remóntase a 1985, cando se funda a empresa matriz na cidade da Coruña (España).  

Baixo o nome comercial de  ICEACSA Grupo, a partir de 2011 inicia os seus primeiros proxectos en Latinoamérica e en 2017 intégrase en  Antea  Group.  

Nos seus máis de 35 anos de historia, o Grupo foi posicionándose no mercado como unha consultora pioneira e líder no desenvolvemento integral de proxectos nos ámbitos da enxeñería en xeral, as infraestruturas de transporte, a xestión da mobilidade, a auga e o  medioambiente e o desenvolvemento territorial, urbano e a edificación. 

 

Antea  Group España & Latinoamérica opera desde oficinas permanentes en España, Colombia, México, Panamá e Uruguai, ofrecendo tamén servizos a países da súa contorna, achegando solucións cun enfoque próximo e ao mesmo tempo integral, garantindo así unha resposta versátil e axustada ás necesidades dos seus Clientes. Estableceu alianzas estratéxicas estables con importantes socios locais mediante diferentes fórmulas nos países nos que está implantada; estes lazos garanten un óptimo coñecemento de cada un dos diferentes mercados e unha elevada capacidade de resposta fronte a calquera proxecto. 

Pensamento estratéxico, perspectivas multidisciplinarias e experiencia técnica para resolver os desafíos dos nosos Clientes cun enfoque sostible para un futuro mellor. A calidade dos proxectos que leva a cabo Antea Group España & Latinoamérica levouna a posuír unha carteira de Clientes do máximo nivel: