Skip to main content
Industria

Industria

Desenvolvendo territorios para as persoas

A xestión eficiente do chan e das súas actividades asociadas conleva necesariamente o estudo multidisciplinar das diferentes variables que condicionan cada espazo.

A experiencia acumulada de  Antea  Group España & Latinoamérica convértena nun socio estratéxico para Clientes públicos e privados que buscan materializar os seus proxectos empresariais nos ámbitos da industria e a loxística. Planificación, redacción de documentos urbanísticos, xestión de chan, proxectos de urbanización e infraestruturas viarias e/ou de servizos,  due dilligence, adecuación de instalacións á legalidade vixente, control e supervisión de obras e  project  management, son algúns dos servizos ofrecidos para achegar valor aos proxectos produtivos.

Antea  Group España & Latinoamérica acumula unha importante experiencia na planificación, deseño, control e/ou xestión de proxectos empresariais prestando un servizo integral aos seus Clientes por parte de equipos multidisciplinares con coñecementos nas diferentes materias implicadas (urbanismo, infraestruturas, edificación, instalacións, economía, xurídicas, etc …). Os seus traballos ciméntanse na asunción dun enfoque transversal, axuntando creatividade e xeración de valor engadido, deseño e xestión.

Esta página web usa cookies

Seleccione el tipo de cookie que desea aceptar

More information