Os traballos contratados consisten na mellora da accesibilidade e conectividade de paradas de transporte público para favorecer a implantación de zonas de baixas emisións nas cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol e Lugo.

 

Comunidade Autónoma de Galicia (España).

Os traballos a desenvolver polo equipo de Antea Group España executaranse sobre un total de 766 paradas de autobús co fin último de mellorar a accesibilidade, visibilidade e seguridade viaria dos seus usuarios.

Previamente á redacción dos proxectos levaranse a cabo inventarios de campo de cada unha das localizacións nos que se realizará unha valoración inicial das actuacións a executar.

Na redacción dos proxectos prestarase atención ás seguintes pautas: localización das paradas de transporte público nun emprazamento óptimo desde o punto de vista de accesibilidade e conectividade, dotación dunha xeometría adecuada xunto cunha correcta localización ou recolocación e reacondicionamento da marquesiña, mellora das condicións de accesibilidade coa localización de itinerarios accesibles, mellorar da conectividade dos puntos de paradas dando continuidade aos itinerarios peonís existentes, revisión e actualización da sinalización vertical e horizontal.