O investimento da actuación está valorado en 13.686.579 euros.
Portonovo, Pontevedra (España).
O proxecto “ Novo Porto de Portonovo”, redactado polo estudo de arquitectura Redondo Valladares e Rodriguez S.L.P. e o equipo de Antea Group, alzouse co primeiro premio do concurso de ideas para remodelar a zona portuaria e a súa contorna convocada por Portos de Galicia e o Concello de Sanxenxo.
A proposta desenvolvida busca a integración do porto, o centro urbano e a praia a través de prazas, espazos peonís e verdes e as melloras da comunicación entre a vila e o porto, así como a potenciación da actividade pesqueira, os deportes náuticos e tradicionais.
O proxecto gañador reserva 15.533 metros cadrados para espazos peonís e zonas verdes con arboredo de distintos tipo e mobiliario urbano que saliente a humanización dos espazos a través da creación de varias prazas e espazos peonís. Así mesmo, a solución adoptada dá solución ao problema de aparcamento da zona coa creación dun aparcamento subterráneo con 300 prazas dispoñibles nunha soa planta.