O proxecto pretende a mellora da mobilidade e accesibilidade na contorna portuaria, á vez que persegue renovar a imaxe da dársena e facela máis operativa para os profesionais do mar e atractiva para veciños e visitantes.

Palmeira, Ribeira, A Coruña (España).

Antea Group España executou os traballos de Asistencia Técnica á Dirección de Obra do proxecto de mellora da mobilidade e accesibilidade na contorna do porto de Palmeira. As obras son impulsadas pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, en coordinación co Concello de Ribeira, en base ao anteproxecto deseñado polo arquitecto británico David Chipperfield e a Fundación RIA.

As obras executáronse nun espazo de 2.305 metros cadrados, nunha lonxitude de 365 metros que discorre ao longo do bordo litoral, entre a praia e o peirao.

O proxecto executado busca a humanización, modernización, e dotación de equipamentos do paseo marítimo de Palmeira, mediante a ordenación dos espazos atendendo ás necesidades actuais e futuras, a posta en valor da contorna natural e edificada de Palmeira e a ampliación da plataforma existente utilizando materiais e técnicas arquitectónicas localmente familiares, á vez que xerando novos espazos públicos para o uso dos veciños e visitantes.

No seu discurso de recepción do premio Pritzker 2023, o arquitecto británico comenta cumpridamente os traballos de planificación territorial e identidade local desenvoltos por Fundación RIA en Galicia, entre os que se atopa o Plan de actuación para a integración urbana da fronte marítima de Palmeira.

 

https://youtu.be/fpzidv9uz40?t=4417