A Conselleira de Economía, Industria e Innovación, Dª María Jesús Lorenzana Somoza, xunto coa Directora Xeral do IGAPE, Dª Covadonga Toca Carús, o Director de Internacionalización, D. Augusto Álvarez-Borrás Masó, e a Directora da Antena de Galicia en México, Dª Adriana Cao García, visitaron as oficinas de Antea Group México.
Cidade de México (México).
Constituída sociedade en Cidade de México en 2011, Antea Group México asina os seus primeiros contratos en marzo de 2012 e, a data actual, acumula 119 contratos con 55 clientes diferentes que día a día depositan a súa confianza nos Equipos profesionais multidisciplinares que concentran experiencia internacional con coñecemento local.
Máis de 500 millóns de pesos (uns 24 millóns de euros) contratados acumulados ata a data e 80 millóns de pesos (uns 4,3 millóns de euros) de carteira, avalan o desempeño dos nosos equipos achegando a experiencia acumulada no desenvolvemento de importantes infraestruturas para diferentes administracións públicas, construtoras, concesionarias e entidades financeiras, traballando por un desenvolvemento sostible das infraestruturas para mellorar a mobilidade e o desenvolvemento sostible do territorio en beneficio da calidade de vida de todos os mexicanos.
Agradecidos a México pola confianza que brinda aos nosos Equipos, ratificamos o noso compromiso con toda a sociedade mexicana para seguir traballando por un desenvolvemento sostible e a cohesión social.
E trasladamos a nosa gratitude á Delegación da Xunta de Galicia pola visita que motiva aos nosos Equipos para continuar co seu compromiso profesional.