ICEACSA Consultores renova os indicadores que acreditan as súas Boas Prácticas Empresariais certificadas por ARDÁN Información Empresarial e Consorcio Zona Franca Vigo.

As Empresas Globais son aquelas que presentan valores elevados en magnitudes directamente relacionadas co proceso de internacionalización, tales como o número de Clientes estranxeiros, número de países nos que opera, volume de exportacións e establecementos no exterior.

As Empresas Iguais en Xénero presentan altos valores de igualdade desde unha perspectiva de xénero no ámbito laboral, medida en tres dimensións: igualdade de funcións, igualdade de retribucións e igualdade por actuacións. ICEACSA Consultores implantou e rexistrou un Plan de Igualdade como mostra do seu compromiso por establecer políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes.