Este mes de Outubro ICEACSA México cumpre dez anos de presenza en México desenvolvendo 82 proxectos e asinado máis de 130 contratos.

Desde a súa constitución, ICEACSA México participou activamente no desenvolvemento de infraestruturas que supoñen montos de investimento de máis de 30.000 millóns de pesos, incluíndo proxectos de edificación, infraestrutura de transporte urbana e interurbana, sistemas intelixentes de transporte, estruturación de proxectos, proxectos de edificación, augas e ferrocarril; intervindo en proxectos estratéxicos do desenvolvemento de infraestruturas do país.

Hoxe en día ICEACSA Grupo non se concibe sen os seus Equipos, Clientes e Proxectos Internacionais. Por iso, moitas grazas a todos os Clientes de ICEACSA México pola confianza que día a día depositan en nós e aos nosos Equipos por facer posible estes 10 anos de andaina en común.

ICEACSA México é parte de ICEACSA Grupo, unha familia de empresas cuxa fundación se remonta a 1985, posicionada no mercado como un grupo consultor pioneiro e líder no desenvolvemento integral de proxectos nos ámbitos da enxeñería en xeral, as infraestruturas de transporte, a xestión da mobilidade, a auga e o medio ambiente e o desenvolvemento territorial, urbano e a edificación. Desde finais de 2017 incorporouse a ANTEA Group e a primeiros do próximo ano cambiará a súa denominación social.

Nunha contorna que adquiriu unha dimensión mundial, ICEACSA Grupo apostou por intensificar a súa presenza internacional mantendo os mesmos principios de sustentabilidade, xeración de valor, competitividade, experiencia e inmediatez na resposta.

A vocación de servizo aos seus Clientes e á sociedade en xeral e a misión de achegar solucións desde a enxeñería tendentes ao reequilibrio social e territorial, require conxugar a experiencia internacional co coñecemento local, e iso xunto á demanda de proximidade e inmediatez, determinan o compromiso de permanencia do Grupo en México e en Latinoamérica.

Deseñando horizontes comúns, seguimos apostando pola integración das persoas e dos territorios!