A Xunta de Galicia investirá 2,3 MM€ en mellorar a accesibilidade nas paradas de autobús a zona sur da área de transporte metropolitano de Ferrol.
Ferrol, A Coruña (España).
O pasado 30 de decembro, a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol presentou o Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas da zona sur de Ferrol, que supoñerá un investimento autonómico de 2,3 MM€. O obxectivo das intervencións que se van a levar a cabo é reforzar a seguridade, mellorar o equipamento das paradas de autobús e favorecer a mobilidade e a accesibilidade na súa contorna.
O proxecto prevé actuacións nun total de 69 paradas de autobús. A súa maioría, un total de 32, sitúanse no concello de Neda, 17 corresponden ao municipio de Mugardos, 16 ao de Fene e as catro restantes ao de Ares.
As intervencións previstas no proxecto redactado pola Unión Temporal de Empresas Antea Group España e GOC garantirán a accesibilidade, pensando especialmente nas persoas con dificultades de mobilidade, para o que se executarán costas de acceso e dotarase á contorna das paradas de pavimento pododáctil. Ademais, o programa pretende favorecer a conectividade das paradas, a través da construción de beirarrúas e senllas peonís. Tamén se mellorará o equipamento das paradas, coa dotación de novos refuxios que protexan os usuarios fronte ás inclemencias do tempo, bancos e apoio isquiático que ofrezan comodidade aos viaxeiros durante a espera.
A seguridade nas paradas será reforzada ampliando o espazo, mellorando a sinalización e incidindo na velocidade. Ademais, eliminarase a vexetación da contorna e mellorarase a visibilidade e a iluminación, para facelas máis seguras.