Esta nova etapa coincide co lanzamento do Plan Estratéxico 2026-2030 elaborado para o conxunto das compañías de Antea Group.

 

A Coruña (España)

En decembro cumpríronse 40 anos da fundación da compañía, e este 26 de febreiro inaugurou a súa nova Sede Central na Coruña, contando no acto coa presenza da Conselleira de Vivenda e planificación de Infraestruturas, Dª María Martínez Allegue, o Subdelegado do Goberno, D. Xulio Abalde Alonso, e outras Autoridades, Organizacións empresariais e sectoriais e Colaboradores.

A nova Sede Central de Antea Group España e Latinoamérica, atópase no corazón da fachada máis icónica da cidade, mantén unha estética moderna e un deseño sostible, e conta cunha panorámica privilexiada ao mar.

Esta nova etapa coincide co lanzamento do Plan Estratéxico de Antea Group 2026-30 que marca como obxectivo a expansión da compañía en España, tanto a través de crecemento orgánico como a través de fusións ou adquisicións. Estes plans demostran a solidez da compañía e o seu compromiso con Galicia.

Nos seus xa máis de 40 anos de historia, a compañía posicionouse como unha das consultoras de referencia no desenvolvemento integral de proxectos nos ámbitos da enxeñería civil, as infraestruturas de transporte, a xestión da mobilidade, a auga, o medioambiente, o desenvolvemento territorial e urbano e a edificación, a enerxía e a industria, sendo unha das empresas líderes do sector en Galicia e en España.

Antea Group España & Latinoamérica conta cunha experiencia acumulada de máis de 3.000 proxectos e aproximadamente 1.000 Clientes, operando internacionalmente desde as súas oficinas en España, Colombia, México, Panamá e Uruguai, desde cuxos emprazamentos se ofrecen tamén servizos para os países da súa contorna.