TRAFIC 2021l celebrarase en Madrid do 2 ao 4 de Novembro

A 17ª edición do Salón Internacional da Mobilidade Segura e Sostible, TRAFIC 2021, identifícase como o punto de encontro máis relevante e importante do sector, concentrando nun único lugar a administracións, organismos públicos e privados, empresas concesionarias, integradoras e fabricantes de sistemas e equipos e enxeñerías especializadas, así como ás diferentes asociacións do sector.

O obxectivo principal desta Feira é expoñer a tecnoloxía de mobilidade segura e sostible que se despregará nos próximos anos, e que tomará especial relevancia no curto prazo, grazas á chegada dos fondos NEXT GENERATION. Desta forma, servirá para dar visibilidade á innovación das empresas e o emprendemento, axudando a trasladar á sociedade os cambios que se están experimentando en materia de mobilidade.

En ICEACSA Grupo estamos comprometidos coa mobilidade segura e a sustentabilidade e é por iso polo que participaremos de maneira activa desde a nosa caseta.

Aínda se está a tempo de sumarse a este gran evento comercial, aproveitando unha oportunidade única de formar parte desta transformación, dando visibilidade aos produtos e servizos, coñecendo de primeira man as tendencias do sector, renovando redes de contactos, e fortalecendo as relacións comerciais cos xa existentes.

Para asistir como visitante, basta con rexistrarse na Web www.ifema.es/trafic