Este mes de abril Antea Group cumpre dez anos de presenza en Colombia habendo desenvolvido máis 60 proxectos e asinado máis de 130 contratos.

Antea Group España e Latinoamérica constitúese como sociedade colombiana en abril de 2012 baixo o nome de ICEACSA Consultores. Colombia iniciaba un ambicioso Plan para actualizar toda a súa rede de transporte, poñendo en marcha a Lei 1508 de asociacións Público-Privadas e, posteriormente, a Lei 1682 de Infraestrutura.

Antea Group Colombia e o seu Equipo de profesionais multidisciplinares, colombianos e españois, asinaron desde entón máis de 130 contratos, traballos que mobilizaron máis de 23 billóns de pesos (7.400 millóns de dólares) en investimentos que inclúen proxectos de edificación, centros loxísticos, infraestrutura de transporte urbana e interurbana, portos, augas e infraestrutura do sector mineiro; contribuíndo á mellora das súas infraestruturas facilitando a mobilidade das persoas e o acceso aos mercados das mercadorías.

Nunha contorna que adquiriu unha dimensión mundial, Antea Group España e Latinoamérica apostou por intensificar a súa presenza internacional mantendo os mesmos principios de sustentabilidade, xeración de valor, competitividade, experiencia e inmediatez na resposta.

Hoxe en día Antea Group España e Latinoamérica non se concibe sen os seus Equipos, Clientes e Proxectos Internacionais. Por iso, moitas grazas a todos os Clientes de Antea Group Colombia pola confianza que día a día depositan en nós e aos nosos Equipos por facer posible estes 10 anos de andaina en común.

A vocación de servizo aos seus Clientes e á sociedade en xeral e a misión de achegar solucións desde a enxeñería tendentes ao reequilibrio social e territorial, require conxugar a experiencia internacional co coñecemento local, e iso xunto á demanda de proximidade e inmediatez, determinan o compromiso de permanencia do Grupo en Latinoamérica en xeral e especialmente en Colombia.

Deseñando horizontes comúns, seguimos apostando pola integración das persoas e dos territorios!