Con esta iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia reforzamos o noso compromiso pola loita contra o cambio climático.
Galicia (España).
Antea Group España adhírese á Alianza Galega polo Clima, iniciativa desenvolvida pola Xunta de Galicia, que busca contribuír na preservación do medio ambiente e no desenvolvemento de medidas aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. A compañía reforza a súa responsabilidade con Galicia e co medio ambiente a través da súa incorporación a esta alianza que reúne a máis de cen organizacións comprometidas co desenvolvemento de melloras ambientais e con alcanzar a neutralidade climática.
https://www.youtube.com/watch?v=ryVWVmHBiHY
Os obxectivos desta Alianza Galega polo Clima son:
- Avogar por un compromiso coa Acción Climática das diferentes organizacións que conformarán a Alianza.
- Visualizar o compromiso das organizacións galegas coa Acción polo Clima.
- Definir a priorización de estratexias e iniciativas comúns (sinerxia/coordinación) que resolvan os principais problemas ambientais de Galicia.
- Impulsar iniciativas de mellora nas prácticas de sustentabilidade ambiental das organizacións e a sistemática de compartir estas boas prácticas.
- Realizar recoñecementos públicos de implicación coa mellora do medio ambiente.
- Identificar os factores, as brechas de coñecemento e xestión que obstaculizan que as organizacións e as entidades non asuman unha Acción polo Clima e sustentabilidade ambiental.
- Ofrecer ferramentas ás pequenas e medianas empresas e entidades locais para que se somen activamente á Alianza e á mellora ambiental dos seus procesos.