O estudo identificará as causas de infiltración de augas non residuais na rede de saneamento.
León (España).
Actualmente, a zona conformada polos termos municipais de Cacabelos, Cabanas Raras, Camponaraya, Carracedelo, Cubillos del Sil, Ponferrada, Toral dos Vaos e Villafranca del Bierzo, na provincia de León, e que abarca unha poboación ao redor de 100.000 habitantes equivalentes, presenta unha serie de problemas no saneamento debido á infiltración de augas limpas, procedentes de choiva, de leitos que se incorporan nos colectores e dos regadíos da zona, entre outras causas, que fan que o sistema de saneamento estea a funcionar de forma incorrecta. Isto provoca verteduras frecuentes polas estruturas de alivio, debido ao exceso de caudal e unha entrada de auga na Estación Depuradora de Augas Residuais de Villardepalos (Carracedelo), que depura toda a comarca, dun caudal tres veces superior a aquel para o que está deseñada, cun rango de dilución elevado, que impide que funcione correctamente.
Os traballos para realizar por Antea Group España consistirán na identificación de todas as causas que provocan estes problemas, realizando unha importante campaña de campo en todos os municipios, para posteriormente realizar unha modelaxe hidráulica da rede, que permita a toma de decisións, que irá encamiñada a resolver a incorporación destas filtracións, e a definición das actuacións que se terán que poñer en marcha, priorizando os investimentos en función das melloras que vaian ir achegando á rede.