O proxecto pretende a mellora da mobilidade e accesibilidade na contorna portuaria, á vez que persegue renovar a imaxe da dársena e facela máis operativa para os profesionais do mar e atractiva para veciños e visitantes.
Porto do Son, A Coruña (España).
Antea Group España executou os traballos de Dirección de Obra do proxecto de mellora da mobilidade e accesibilidade na contorna do porto de Porto do Son. As obras foron impulsadas pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, en base ao proxecto deseñado por Creus e Carrasco arquitectos e RVR arquitectos.
O proxecto executado buscaba a reordenación, humanización, modernización, e dotación de espazos do bordo litoral do porto de Porto do Son mediante a ordenación dos espazos portuarios atendendo ás necesidades actuais e futuras, a posta en valor da contorna natural e edificada e a ampliación da plataforma existente utilizando materiais e técnicas arquitectónicas locais, á vez que xerando novos espazos públicos para o uso dos veciños e visitantes.
As obras executadas non só recibiron o beneplácito dos seus usuarios, tamén o do xurado da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU), que seleccionou o proxecto como gañador entre os 20 finalistas desta edición, á que concorreron 600 proxectos.