ICEACSA Grupo, fundada en España 1985, é agora Antea Group, o que supón un paso máis na consolidación da súa actividade tras 36 anos de servizo e cunha carteira acumulada de máis de 2.500 proxectos e máis de 800 clientes.

ICEACSA Grupo, fundada en España 1985, é agora Antea Group, o que supón un paso máis na consolidación da súa actividade tras 36 anos de servizo e cunha carteira acumulada de máis de 2.500 proxectos e máis de 800 clientes.

“Isto foi posible grazas á unión da nosa experiencia en mercados internacionais e o noso coñecemento do mercado local. Contamos, ademais, cun equipo altamente cualificado nas áreas de enxeñería, consultoría e project management, que nos permite atender todo o ciclo vital do proxecto, desde a planificación, factibilidad e deseño, ata as fases de construción e de operación”, destaca Fernando Illanes, director xeral da compañía.

A principal área de actividade de Antea Group España & Latinoamérica é a Enxeñería Civil, abarcando infraestruturas de transporte (estradas, ferrocarrís ou Proxectos de Participación Público-Privada, entre outras), xestión de infraestruturas (mobilidade, tráfico ou seguridade viaria), auga e medio ambiente (abastecementos, saneamentos e plantas de tratamento), infraestruturas costeiras e fluviais, urbanismo e arquitectura, industria e enerxía, entre outras actividades; traballando para organismos públicos, banca de investimento público e privado ou fondos de investimento, construtoras e concesionarias.

A compañía iniciou o seu proceso de internacionalización en 2010 e xa está implantada en Colombia, México, Panamá e Uruguai, desde onde ofrece servizos tamén aos países da contorna. Desde entón, contratou en 14 países de Europa, América e África, cun volume de contratación internacional acumulado fóra de España que supera de maneira sostida desde 2012 o 75 % da súa cifra de negocio total.

As compañías do Grupo consolidaron nestes anos unha cifra de negocio superior aos 8 millóns de euros anuais e teñen na actualidade unha carteira de contratos superior aos 19 millóns de euros, repartida principalmente en España, Colombia, México, Panamá e Uruguai, ademais de proxectos en curso en Portugal e Polonia. Xeran máis de 120 empregos directos e outros 90 empregos máis en consorcios e unións temporais de empresas nos que as compañías de Antea Group Antea Group España & Latinoamérica teñen participación.

A Sociedade segue sendo a mesma, sen alteración da súa personalidade xurídica, polo que mantén as mesmas sedes sociais e o resto de datos xurídicos e administrativos, mantendo todos os seus activos profesionais, a bagaxe técnica acumulada e a súa misión, visión e valores.